Sumario:
Revista de Formación e Innovación Educativa Universitaria (REFIEDU)
Universidade de Vigo. Servizo de Publicacións
Vol 1 - Nº 2 (2008)
Más información y TEXTO COMPLETO
----------------------------------------------------------------------------------------
Sumario:
A educación sexual no novo milenio: obstáculos e retos María Lameiras Fernández e María Victoria Carrera Fernández Neste traballo expóñense os principais elementos que caracterizan o modelo actual de educación sexual e que se reflicten na realidade educativa diaria, tanto formal como non formal; así como aquelas características das intervencións de educación sexual que serían desexables e cara ás que debemos encamiñar os nosos esforzos.
Una experiencia de uso de entorno virtual en la Universidad de Vigo Amparo Rodríguez Damián Utilización de un entorno virtual, combinado con otras técnicas, para ayudar al alumno en su aprendizaje. Iniciativas innovadoras desenvoltas coa acción titorial na educación superior Mª Carmen Ricoy Lorenzo Esta contribución axuda a coñecer os diversos contextos analizados, descubrindo evidencias sobre as demandas dos estudantes e da conta das prácticas innovadoras que se desenvolven coa acción titorial en múltiples universidades. A revisión abordada é un punto de partida para descubrir o nivel de innovación no que se atopa a acción titorial na universidade española e do estranxeiro.
Web 2.0 e Educación Pedro Cuesta Morales e Alma Mª Gómez Rodríguez Este traballo introduce os fundamentos da Web 2.0, presenta algunha das súas ferramentas máis útiles e as aplicacións das mesmas no ámbito educativo. Estas novas ferramentas (blogs, wikis, marcadores sociais, etc.) facilitan a colaboración, a aprendizaxe cooperativa e tamén o desenvolvemento de capacidades individuais do alumno, como a comunicación ou a iniciativa.
WebQuests: Un modelo educativo basado en el uso de internet Mª Victoria Fernández Carballo-Calero Este artículo, de manera muy general, pretende mostrar al profesorado un nuevo modelo educativo basado en el uso de internet.
|